Claudia Taboada naceu en Cabana de Bergantiños o 26 de setembro de 2001. Dende pequena mostrou un interese especial pola cultura, razón pola cal estudou o Grao en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Durante o seu paso pola carreira, aproveitou diferentes oportunidades para desenvolver as súas habilidades de comunicadora, facendo prácticas en La Voz de Galicia e escribindo para os medios dixitais Why Not e Compostela Post. Tamén emprendeu durante o seu paso pola USC, xa que fundou xunto con diversas compañeiras o podcast O Faiado. Mais aló dos ámbitos clásicos do xornalismo, Claudia mostra unha inclinación cara proxectos baseados na cultura, o que incitou que estudase o máster de Xornalismo Cultural na Universidade CEU San Pablo. O seu coñecemento sobre a cultura pop moderna facilita a súa soltura para armar ideas innovadoras para a comunicación deste sector. Dentro del, os ámbitos máis atractivos para ela son a música, a moda e o cine, industrias ás que espera adentrarse nun futuro próximo.
Claudia Taboada Cousillas
Editar
Proxectos creados
- Carlota Álvarez Feijoo
- Laura Fernández Alonso
- Iria Fernández Calvo
- Leila Fernández Castro
- Malena Fernández Morete
- Eva Fernández Prieto
- Iria Ramos Mesía
- Claudia Taboada Cousillas