Iria Fernández naceu en Santa Comba o 1 de decembro do 2001. Estudou o Grao en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e actualmente está cursando un Máster en Comunicación Dixital en The Core School. Ao longo da súa etapa formativa mostrou un claro interese por ir máis aló dos estudos co fin de explorar e adquirir coñecementos de diversos ámbitos. Así, ten experiencia como locutora de radio (Radio Negreira) e colaborou como redactora nalgún que outro diario en liña (Riazor.org e Compostela Post). Tamén forma parte de O Faiado Podcast, un proxecto que naceu da man dun equipo conformado por oito compañeiras e amigas da facultade. As temáticas que máis interese lle suscitan son a musical e a deportiva, xunto coa xestión de redes sociais e o mundo dixital en xeral.
Iria Fernández Calvo
Editar
Proxectos creados
- Carlota Álvarez Feijoo
- Laura Fernández Alonso
- Iria Fernández Calvo
- Leila Fernández Castro
- Malena Fernández Morete
- Eva Fernández Prieto
- Iria Ramos Mesía
- Claudia Taboada Cousillas