Iria Ramos Mesía naceu en Valdoviño o 26 de febreiro do 2000. En canto aprendeu a andar, colleu un peine a modo de micrófono e empezou a dar as noticias por toda a casa. Os camiños da vida levárona a comezar a carreira de Filoloxía Clásica, pero non tardou moito en se decatar de que aquel non era o seu sitio. Daquela buscou estudar algo que lle permitise explorar todo aquilo que lle enchía o ollo ou que lle chamaba o oído. Matriculouse en Xornalismo, coñeceu xente estupenda e desfrutou dunha morea de ofertas de prácticas que lle permitiron adentrarse na profesión. E dentro destas experiencias, está, por suposto, O Faiado! Para Iria este proxecto foi unha xanela aberta á efervescencia galega tanto no eido da cultura como no das redes. Resultou nunha vivencia que lle permitiu aprender en termos comunicativos, técnicos e sociais e que, sobre todo, lle brindou a oportunidade de traballar cunhas compañeiras que xa son amigas. Alén do Faiado, foi bolseira na redacción en Santiago de La Voz de Galicia, na Radio Galega e mais na Cadena SER (tamén en Compostela). Actualmente traballa cunha bolsa FEUGA nesta última emisora mentres remata o seu TFG.
Iria Ramos Mesía
Editar
Proxectos creados
- Carlota Álvarez Feijoo
- Laura Fernández Alonso
- Iria Fernández Calvo
- Leila Fernández Castro
- Malena Fernández Morete
- Eva Fernández Prieto
- Iria Ramos Mesía
- Claudia Taboada Cousillas