Laura Fernández Alonso naceu na Fonsagrada o 5 de xuño de 2001. Estudou Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Vinculada ao eido da comunicación corporativa, formou parte de Atalaya Comunicación y Publicidad, unha das empresas galegas líderes que traballa na estratexia comunicativa de corporacións con ampla relevancia no contexto estatal. Actualmente, traballa como asesora política e técnica de comunicación no gabinete de prensa do Concello de Lugo, onde toca todos os eidos do mundo do xornalismo: dende as tradicionais roldas de prensa ata as redes sociais máis actuais.
O seu apego pola cultura galega e en galego reflíctese na súa ocupación como membro do equipo de O Faiado Podcast. Sempre ligada á súa terra natal, forma parte da A.C. Petapouco e a Destempo que organiza a Foliada da Fonsagrada, da que tamén xestiona a imaxe en redes sociais e na que exerce como encargada de Comunicación. Esta festa acaba de ser recoñecida recentemente co galardón a Mellor Festival de Galicia 2023 na última edición dos Premios Martin Códax da Música.
Ese amor polo seu tamén a fixo formar parte da equipa do documental 360 curvas, un filme que trata da historia política da vila da Fonsagrada e que está actualmente en proceso de filmación.
Laura Fernández Alonso
Editar
Proxectos creados
- Carlota Álvarez Feijoo
- Laura Fernández Alonso
- Iria Fernández Calvo
- Leila Fernández Castro
- Malena Fernández Morete
- Eva Fernández Prieto
- Iria Ramos Mesía
- Claudia Taboada Cousillas