Nada en Cerqueda (Malpica de Bergantiños) no ano 2002, dende pequena sentín unha gran paixón polo deporte, máis de observalo e contalo que de practicalo. Este interese levoume a querer ser xornalista deportiva. Co paso do tempo, desenvolvín unha maior conciencia sobre a discriminación que sofren as mulleres no deporte, o que espertou en min a determinación de poñer o foco nelas e converterme en axente de cambio dende o mundo do xornalismo.
No ano 2023 tiven a oportunidade de adentrarme no mundo laboral na Voz de Galicia, Edición de Carballo, onde aprendín a importancia de informar sobre o local, un elemento que intento plasmar nos meus proxectos vinculados á Costa da Morte. Actualmente falo do fútbol feminino da bisbarra costeira en Radio Nordés
Laura Rodríguez Martínez
Editar
Proxectos creados
- Laura Rodríguez Martínez