Leila Fernández naceu no Pino o 3 de febreiro do 2001. Estudou o Grao en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e, tras unhas primeiras prácticas en La Voz de Galicia (delegación de Santiago), descubriu que o seu futuro ía estar máis encamiñado cara ós medios radiofónicos grazas a unha colaboración semanal en Radio Voz. A partir de aí realizou prácticas tamén en Radio Arzúa e actualmente goza dunha beca FEUGA en Radio Coruña Cadena SER. Pero sen dúbida o proxecto que máis satisfacción lle reporta é O Faiado Podcast, a raíz do cal confirmou o amor polo noso idioma e por contar o que pasa na nosa terra. Mais a súa meta laboral é a industria da moda, dende un punto de vista comunicativo, para o cal está a formarse realizando diversos cursos: Comunicación de Moda e Styling e Produción Editorial. Os seus principais intereses deron como resultado a elaboración dunha revista de moda e estilos de vida, en galego e de ámbito autonómico, que está desenvolvendo actualmente e constitúe o seu TFG.
Leila Fernández Castro
Editar
Proxectos creados
- Carlota Álvarez Feijoo
- Laura Fernández Alonso
- Iria Fernández Calvo
- Leila Fernández Castro
- Malena Fernández Morete
- Eva Fernández Prieto
- Iria Ramos Mesía
- Claudia Taboada Cousillas