gestionesdemarta@gmail.comdrive.google.com/file/d/1gYFrYD-pZufVXlXYhAk0N4VbFhbxZFva/viewinstagram.com
Desde que teño consciencia sempre me interesou a fotografía en todas as súas formas. E, con ela, a intención subxacente de querer capturar e preservar emocións, lugares e persoas. A este interese foron sumándoselle outros novos: o cine, o videoensaio, o deseño gráfico e a experimentación dixital, o collage, etc., varios dos cales me levaron a estudar Comunicación Audiovisual no seu momento. Actualmente, estou traballando nunha empresa de comunicación, centrándome (para a miña sorpresa) máis na parte xornalística. De cara ao futuro, non sei cal será o meu próximo paso, pero si sei que estará guiado polos valores que defendo e que, igual que as temáticas da nosa curta documental, rexirase polo amor e por unha continua aprendizaxe.