SEN-EMAIL@asementeira.gal+34657051194axendacultural.aelg.gal/tag/alba-sofia-naseiro-lamashttps://www.sofianaseiro.commubi.comcesga.es
Sofía Naseiro (Vilalba, 1996) é unha cineasta chairega, documentalista con interese na memoria das mulleres e na da nosa terra. Segue a máxima de José Gil “Ninguén morre de todo se lle fas unha película”. A súa paixón é o estudo do cinema, ao que adica un proxecto transmedia, Kinocube Cinema, que se materializa nunha bitácora escrita e máis unha canle de YouTube no que reflexiona sobre os arquetipos cinematográficos que se repiten ao longo da historia do cinema. Ademáis do Proxecto Xorima, no seo do cal dirixiu o documental Xorima (30’, 2022) Participou no 7º Chanfaina Lab de San Sadurniño coa curta De pedra son os muros i as tebras (5’, 2023), e formou parte do Laboratorio de Socialización do Patrimonio LabUlla dirixindo dúas curtas O trinxidoiro (16’) e Mulleres con memoria (15’), ambas de 2023.