Tiempo muerto frente al mar

Tempo morto fronte ao mar é un proxecto multimedia de carácter documental e xornalístico que reconstrúe a historia do baloncesto en Ferrol.

Coñecer
Tiempo muerto frente al marVisitar proxecto aquí

Tempo morto fronte ao mar é un proxecto multimedia de carácter documental
e xornalístico que reconstrúe a historia do baloncesto en Ferrol, desde o legado do OAR
Ferrol ata o actual rexurdir representado polo BAXI Ferrol. A través dun sitio web
interactivo que combina texto, fotografía, vídeo e recursos multimedia, o traballo analiza
a evolución do baloncesto na cidade e a súa importancia como elemento de identidade
colectiva, memoria social e patrimonio deportivo local. Para iso, incorpora entrevistas en
profundidade a ex xogadores do OAR, representantes institucionais e figuras actuais do
BAXI Ferrol, xunto con materiais de arquivo e contidos audiovisuais que enriquecen o
relato e permiten conectar distintas xeracións e etapas históricas. Deste xeito, o proxecto
non só funciona como un produto xornalístico dixital adaptado ás posibilidades narrativas
da contorna multimedia contemporánea, senón tamén como un espazo de preservación e
difusión da memoria colectiva do baloncesto ferrolán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio