Con frecuencia, o tratamento mediático do colectivo queda limitado o Día do Orgullo ou a sucesos marcados pola violencia e a discriminación. A través de diferentes testemuños, o proxecto busca visibilizar as experiencias cotiás de diversas identidades do colectivo e mostrar as dificultades ás que aínda se enfrontan en ámbitos sociais, educativos e lexislativos, poñendo tamén o foco nas consecuencias que estas situacións poden xerar na saúde mental e no benestar emocional das persoas LGTBIQ+.
A reportaxe busca ampliar a conversa sobre a diversidade e a realidade do colectivo LGTBIQ+, reivindicando a necesidade de escoitar e visibilizar as experiencias persoais como ferramenta para fomentar a comprensión, a reflexión e a empatía.
