Eva Fernández Prieto naceu en Vigo o 2 de abril de 2001. Poderíase dicir sen equivocación que chegou ao mundo cun libro e unha pandeireta na man. Dende cativa apaixónalle o mundo da lectura e a escritura, ao igual que o da cultura tradicional galega, xa que é membro da ACF O Fiadeiro. Decidiu estudar o Grao en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e rematouno unindo esas dúas paixóns no seu Traballo de Fin de Grao: unha revista online de cultura tradicional galega baixo o nome de Rebelico. Durante a súa etapa formativa desenvolveu as súas prácticas na Delegación de Vigo de La Voz de Galicia, ademais de colaborar en medios como Compostela Post ou Galicia Deportiva. Actualmente está cursando o Grao en Comunicación Audiovisual, tamén na USC, como complemento aos seus estudos anteriores. Tamén está traballando no equipo de prensa do grupo musical Ailá elaborando notas de prensa, tomando fotografías ou creando contido para redes sociais.
Eva Fernández Prieto
Titulada do Grao en Xornalismo e estudante do Grao en Comunicación Audiovisual da USC
Coñecer
Eva Fernández Prieto
Editar
Proxectos creados
- Carlota Álvarez Feijoo
- Laura Fernández Alonso
- Iria Fernández Calvo
- Leila Fernández Castro
- Malena Fernández Morete
- Eva Fernández Prieto
- Iria Ramos Mesía
- Claudia Taboada Cousillas
O Faiado Podcast
- Eva Fernández Prieto