Mario Elías Blanco Boullosa

Coñecer

Mario Elías Blanco Boullosa

Editar
Estudante do Dobre Grao de Xornalismo e Comunicación Audiovisual, Promoción 2021. Con especial interese no ámbito cultural, realizou as súas prácticas en La Voz de Pontevedra. Tamén ten colaborado en medios como Dot Galicia, e xestiona unha newsletter en Substack con temática libre. En novembro de 2024, participou no I Programa María Luz Morales, campus especializado na información e crítica de cinema e series da AICE. No ámbito creativo, apareceu na antoloxía de relatos LGTBIQA+ Alguén nos lembrará, publicada no ano 2023 por Xerais. Na actualidade coordina o Club de Lectura FaCom.

Proxectos creados

Fontes
  • Mario Elías Blanco Boullosa
  • Andrea Rodríguez Regodeseves

Fontes

Scroll ao inicio