Tomiño, 2002. Aínda que sexa un tópico, desde que era moi cativa sempre tiven a mirada posta en querer contribuír nun mundo mellor para todes. Como consecuencia, en 2020 empecei os meus estudos no grao de Xornalismo na Universidade de Compostela, onde descubrín a área de especialización social. Agora, baixo unha mirada crítica e interseccional, pretendo enriquecer a miña vocación a través dun xornalismo transversal, tendo moi presente a miña situación e privilexios. A evolución vai intimamente ligada a diversidade e a liberdade. Tanto miña coma das miñas compañeiras.
No verán de 2023 tiven a oportunidade de poder coñecer o mundo laboral no xornal Faro de Vigo. Ese golpe de realidade serviume para armarme de forza e formarme como unha xornalista social que manteña e loite unha praxe feminista e interseccional a través de proxectos propios (algo que considero imperante na miña formación) ou facéndolle oco á transversalidade noutros ámbitos alleos.
Marta Tiago
Editar
Proxectos creados
- Ana Loureiro
- Marta Tiago