La venganza de las gallinas espaciales

Este proxecto transmedia ten moitas galiñas (e non están moi pola labor de poñer ovos)

Coñecer
La venganza de las gallinas espacialesVisitar proxecto aquí

Proxecto transmedia de ficción, construído arredor dun mesmo universo narrativo e desenvolvido a través de tres formatos diferentes.

Storyline:

Na era paleozoica, as galiñas espaciais e os dinosauros vivían xuntos no planeta P.ïO, un mundo dominado e destruído polas propias galiñas como especie intelixente. Para mellorar esta situación, as galiñas espaciais decidiron enviar os dinosauros á Terra, onde poderían prosperar. Séculos despois, os dinosauros están extinguidos e as galiñas son o seu último vestixio. Enfadadas polo trato que reciben dos humanos, deciden vingarse enviando cinco maldicións á Terra, agochadas nunha galiña de cerámica. Para facerlles fronte, escollen a tres persoas correntes, que son trasladadas a P.ïO e deberán descubrir o motivo das maldicións. Se conseguen resolver polo menos tres, salvarán a humanidade.

La venganza de las gallinas espaciales

Para conseguilo, 17 pezas audiovisuais, que conforman tres series en tres formatos distintos, constrúen un único universo narrativo, explicando a mesma realidade desde perspectivas diferentes:

    • A macrostory corresponde á serie de ficcións sonoras, formada por 6 episodios, onde seguimos estes tres humanos e descubrimos a súa vida e fazañas no planeta P.ïO.
    • A partir desta historia desenvólvense 5 curtametraxes de ficción, que constitúen a webserie. Nela móstrase o que ocorre na Terra mentres os protagonistas están ausentes: persoas completamente alleas ao conflito enfróntanse ás consecuencias das maldicións sen saber que está a pasar nin por que, construíndo así unha perspectiva diferente da historia.
    • Por último, as 6 pezas de animación vertical para redes funcionan como unha serie de informativos emitidos desde o planeta das galiñas espaciais. A través delas coñecemos a súa historia, os seus motivos para vingarse e a súa propia visión do conflito.

Recorrido ideal propuesto para el espectador.

Este é un exemplo do potencial educativo e social que teñen as narrativas transmedia. Cada serie achega unha parte da información e permite ao espectador relacionar esas perspectivas para construír unha visión máis completa e obxectiva do conflito. 

Páxina web vertebradora (contén a webserie): gallinasespaciales.com

Ficcións sonoras: Salida 157 en Spotify

Reels de animación: Cadena P.ïO

Póster del proyecto

O Zoar
  • Uxía Gerpe Rey
  • Borja Vila Deus

O Zoar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio