O ceo non é o límite

O ceo non é o límite é un traballo de xornalismo de solucións sobre o perfeccionismo, un malestar cotián atravesado polo xénero e a saúde mental.

Coñecer
O ceo non é o límiteVisitar proxecto aquí

O ceo non é o límite: os estándares da persoa perfeccionista é unha peza xornalística que aborda a autoesixencia disfuncional, as súas orixes, as súas implicacións e as súas posibles abordaxes terapéuticas, con especial fincapé nas emocións e condutas ás que dá lugar e que serven para entender a magnitude do problema e o camiño cara ao seu tratamento. Para iso, a reportaxe recolle testemuños, explicacións e recomendacións ofrecidas polos distintos actores implicados para observar o tema desde unha perspectiva multifactorial e que é presentada desde os distintos formatos multimedia actuais (vídeo, audio e visualización).

O ceo non é o límite

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio