As Voltas que dan os Puntos

Reportaxe multimedia de datos sobre como cambiou o ciclismo no último lustro debido á importancia adquirida polo ranking de puntos da Unión Ciclista Internacional

Coñecer
As Voltas que dan os PuntosVisitar proxecto aquí

‘As Voltas que dan os Puntos’ é unha reportaxe multimedia de datos que trata sobre como evolucionou o ciclismo masculino nos últimos anos debido á repentina importancia que adquiriu en 2022 o ranking de puntos creado pola Unión Ciclista Internacional (UCI) case catro décadas atrás. Correr as Grandes Voltas (Giro, Tour e Vuelta) xa non estaba asegurado para os equipos de primeira división.

As Voltas que dan os PuntosLogotipo da reportaxe

Antes deste ano, esta táboa clasificatoria servía como un baremo para os equipos, é dicir, non contaban coa presión que pode supoñer ascender ou descender de categoría. En cambio, nos últimos catro anos, o ciclismo deu un cambio como poucas veces se vira anteriormente nalgún deporte. Na actualidade, a loita por cada posto e cada punto condiciona situacións de carreira, fichaxes, a elección dos calendarios, etc.

As Voltas que dan os PuntosAs Voltas que dan os PuntosAs Voltas que dan os PuntosAs Voltas que dan os PuntosAs Voltas que dan os PuntosAs Voltas que dan os Puntos

Esta reportaxe busca contextualizar como evolucionou o ranking co paso dos anos, explicar que foi o que pasou no 2022 para que o deporte da bicicleta sexa concibido por equipos e ciclistas de forma tan diferente, e analizar as consecuencias que derivaron da crecente importancia do ranking UCI. Para levalo a cabo, esta reportaxe comeza cun ‘Prólogo’ inicial no que se encontra a portada; prosegue con cinco ‘Etapas’ que compoñen as seccións principais do proxecto; e finaliza cun ‘Epílogo’ que funciona a modo de conclusión.

As Voltas que dan os PuntosAs Voltas que dan os PuntosAs Voltas que dan os PuntosAs Voltas que dan os PuntosAs Voltas que dan os PuntosAs Voltas que dan os Puntos

Para o proxecto foron entrevistados xornalistas deportivos (Raúl Banqueri, Terio Carrera, Andrés Vieites e Juan Clavijo); exciclistas (Ezequiel Mosquera, Marcos Serrano e Damien García); ciclistas profesionais (Carlos Canal, Jesús Herrada, Eric Fagúndez, Abel Balderstone, Txomin Juaristi e Antonio Jesús Soto); o exvicepresidente da UCI, Artur Lopes; e o propietario da conta de X ¿A cuánto está Movistar…?, Luis López.

As Voltas que dan os PuntosAs Voltas que dan os Puntos

Un total de 41 vídeos de declaracións e 31 visualizacións (gráficos, mapas, calendarios, unha táboa e un cronograma) amenizan a lectura deste Traballo Fin de Grao sobre ciclismo (nota: 9,8). *Consumo en ordenador ou portátil aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio