La llama olímpica entre las sombras del siglo XX

Reportaxe multimedia sobre como se desenvolveron os cinco Xogos Olímpicos de verán celebradas entre as dúas Guerras Mundiais

Coñecer
La llama olímpica entre las sombras del siglo XXVisitar proxecto aquí

‘La llama olímpica entre las sombras del siglo XX’ é unha reportaxe multimedia onde se repasa o contexto histórico e os resultados deportivos máis destacados dos cinco Xogos Olímpicos celebrados no período entre as dúas Guerras Mundiais (Anveres 1920, París 1924, Ámsterdam 1928, Los Ángeles 1932 e Berlín 1936).

La llama olímpica entre las sombras del siglo XX

Este proxecto transmedia, baixo o nome de ‘Olimpismo Entreguerras’, está presente nas redes Instagram, Facebook, X, TikTok, mentres que en YouTube e Spotify pódese escoitar o podcast do proxecto. Está composto de cinco capítulos, cunha duración cada un deles de non máis de 30 minutos onde se profundiza máis se cabe en cada un dos Xogos.

La llama olímpica entre las sombras del siglo XXLa llama olímpica entre las sombras del siglo XX

Estes episodios contaron coa presenza de cinco expertos (os historiadores Eduardo Rico Boquete, José Luis Castro De Paz, Pilar Cagiao Vila e Miguel Cabo Villaverde, e a filóloga Susana Jiménez Placer) que deron unha visión máis profesionalizada sobre o contexto no que se desenvolveron os eventos olímpicos ou sobre algúns dos sucesos máis salientables dos Xogos analizados.

La llama olímpica entre las sombras del siglo XX

Todo iso aderezado con 13 vídeos subidos á canle de YouTube (e presentes durante a reportaxe) nos que se repasan as curiosidades máis destacadas destes Xogos, a figura personalizada dalgúns dos deportistas con máis logros durante este período (Paavo Nurmi, Johnny Weissmüller, Pedro Cea, Babe Zaharias e Jesse Owens) e eventos relacionados co mundo audiovisual (sobre a película ‘Chariots of Fire’, ambientada na prueba de 100 metros de París 1924; e sobre a polémica figura da cineasta Leni Riefenstahl e como ela inventou o documental deportivo en Berlín 1936).

La llama olímpica entre las sombras del siglo XXLa llama olímpica entre las sombras del siglo XXLa llama olímpica entre las sombras del siglo XXLa llama olímpica entre las sombras del siglo XXLa llama olímpica entre las sombras del siglo XXLa llama olímpica entre las sombras del siglo XX

Este proxecto foi levado a cabo en 4.º curso de Xornalismo para a materia de Laboratorio de Contidos, un traballo en grupo de Pablo Rivera Carnota, Alejandra Romaní Lema, Santiago Sampayo Pacín e Jorge Vilariño Fieira (nota: 9,5). *Consumo en ordenador ou portátil aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio